Actualidade

Anuncio xornada "O exercicio e a condición física como marcadores integrais de saúde en idade escolar"

19/11/2019

O próximo xoves 28 de novembro de 2019, no salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física terá lugar unha xornada que leva por título "O exercicio e a condición física como marcadores integrais de saúde en idade escolar". Nesta xornada participarán os seguintes relatores:

 

Iván Clavel San Emeterio. Doutor en Ciencias do Deporte pola Universidade da Coruña. Mestrado en xestión de organizacións e instalacións deportivas e Mestrado en dereito deportivo. Director-Xerente de Fundación Deporte Galego dende 2017. 15 anos de experiencia na xestión da actividade física e do deporte. Presentará a conferencia: DAFIS. Unha ferramenta para a valoración da condición física relacionada coa saúde na contorna escolar de Galicia

 

José Mora González. Doutor en Ciencias do Deporte pola Universidad de Granada. Contratado post-doutoral pola University of North Caroline-Charlotte. Presentará a conferencia: A condición física, actividade física e o exercicio fanche máis intelixente?: Achados do estudo ActiveBrains en nenos con sobrepeso/obesidade

 

Mario Guimarães. Doutor en Educación Física e Deporte pola Universidade Lusófona de Lisboa. Mestrado en Educación pola Universidad de Lisboa. Profesor de Maestría en Enseñanza de Educación Física en ULHT, experiencia previa como adestrador deportivo e líder na administración deportiva nacional e municipal. Exporá o relatorio: Avaliar para aprender: a experiencia portuguesa de avaliación externa en educación física.

 

A inauguración da xornada contará coa presencia de D. Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña e D. José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 

 

Máis información e inscrición