Novas I+D+i

A profesora da Facultade de Economía e Empresa Rosa Mariz, I Premio Profesorado Internacional da UDC

01/07/2019

 

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, fixo entrega do I Premio Profesorado Internacional á docente da Facultade de Economía e Empresa Rosa Mariz Pérez polo seu traballo por promover a internacionalización desta facultade, impulsando a mobilidade tanto do estudantado como do profesorado coa axuda da Cátedra de Internacionalización de Estudos Luís Fernández Somoza.

 

Así mesmo, recoñecéuselle, segundo explicou a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, o seu labor no desenvolvemento dos títulos bilingües da Facultade e a súa faceta investigadora con proxectos internacionais.