Novas I+D+i

Josep Borrell disertará na Universidade da Coruña sobre “O futuro do Euro”

09/04/2018

 

O profesor universitario e responsable da Presidencia do Parlamento Europeo entre 20014 e 2007, Josep Borrell, ofrecerá a conferencia “O futuro do Euro” o próximo 16 de abril, ás 19 horas, no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Organizado pola Cátedra Luis Fernández Somoza, o acto será presentado polo catedrático de Estrutura Económica e presidente da Sociedade de Economía Mundial, Julio Sequeiros Tizón.


O que fora ministro de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente disertará sobre a situación actual e vindeira da moeda europea e compartirá mesa co director da Cátedra para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa, Carlos Estévez Mengotti, que será o encargado de pechar o evento enmarcado no pilar divulgativo do proxecto.


A asistencia á conferencia non require inscrición previa e é de carácter libre ata completar aforo.

 

Nos medios

Pode consultar a continuación a información publicada polos medios de comunicación sobre a conferencia organizada pola Cátedra Luis Fernández Somoza: