Novas I+D+i

Luis Ventoso ofrece a conferencia “Efectos do BREXIT na economía europea”

16/02/2018

 

A Cátedra Luis Fernández Somoza organiza a conferencia “Efectos do BREXIT na economía europea”, que será pronunciada polo director adxunto de ABC, Luis Ventoso Castiñeira, o próximo venres 23 de febreiro ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.


Os castro anos que Ventoso estivo de correspondente para ABC en Londres non pasaron desapercibidos na súa carreira profesional: alí viviu desde o referendo de Escocia ata a polémica polo BREXIT, os ataques terroristas e dúas eleccións xerais. Trátase de fitos que cubriu a pé de rúa e que, no caso do proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea, recolle no seu libro “No temblar ni aunque te corten la cabeza. De Inglaterra, el Brexit y todo lo demás”.


O impacto do BREXIT na economía europea centrará precisamente a conferencia que Ventoso ofrecerá na Coruña, de libre acceso ata completar aforo e cuxa presentación correrá a cargo do arquitecto Arturo Franco Taboada. O acto, enmarcado nos obxectivos de divulgación en materia de internacionalización da Cátedra que dirixe Carlos Estévez Mengotti, será clausurado polo catedrático de Economía Aplicada Fernando González Laxe.