Actualidade

Categorías


Buscador

O investigador en Biomecánica Florian Michaud gaña a II edición do Premio da Cátedra HM-UDC á mellor tese doutoral

08/02/2021

 

A Cátedra UDC-HM de Traumatoloxía do Deporte concedeu o seu Premio á Mellor Tese Doutoral a Florian Michaud, doutorado en Enxeñería que actualmente traballa como investigador de Biomecánica no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC).

 

Florian Michaud presentará durante o acto de entrega do premio, data de celebración que depende do curso que siga a actual situación sociosanitaria e das restriccións derivadas da mesma, os resultados mais significativos da súa tese doutoral “Modelos neuromusculoesqueléticos del cuerpo humano para el análisis de marcha de sujetos sanos y lesionados medulares”.  O galardón asciende a 5.000 euros.