Novas

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC promoveu un certame de fotografía sobre o cambio climático

25/04/2024

 

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (FEE) e a Comisión de Medio Ambiente do Programa Campus Verde, coa colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, organizou un concurso de fotografía en relación co tema do cambio climático e as súas consecuencias no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.


Entre as fotografías enviadas polos estudantes da comunidade universitaria o xurado premiou os traballos de Laura Pérez González (primeiro premio), Sergio Martínez García (segundo premio) e Inés Arroyo Ollo (tercer premio).

 

O xurado acordou tamén ter en conta as fotografías dos seguintes autores/as para formar parte da exposición na Facultade de Economía e Empresa da UDC - "Concurso de fotografía sobre o cambio climático", traballos que obtiveron unha destacada puntuación no concurso, e son de Andrea Lugo Torres, Lidia Ortega González, Yesica Varela Pazos, Nerea Francos Hermida, Clara Vilariño López, Iria Seoane Botana, Teresa Riba Cos, Xoana Pérez González.

 

No seguinte enlace podes ver as fotografías do acto de entrega e da exposición.