Personal Branding

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

OBXECTIVO

Ser a nosa propia marca é importante porque permitenos a diferenciación do resto, permítenos ter recoñecemento por parte da audiencia e ser máis competitivos no plano profesional. 

A marca persoal ten que ver cos valores que queremos proxectar, na vida, no traballo ou na sociedade, como queremos ser percibidos. A clave é atopar a nosa marca persoa e saber cómo comunicala para mellorar os nosos obxectivos personais e profesionais. 

Os asistentes aprenderán a ter unha folla de ruta clara e completa para crecer e trancender en calquera ámbito profesional no que compitan, aprendendo a posicionarse positivamente na mente das persoas coas que constantemente están a interactuar. 

 

MÉTODO  PROGRAMA

Desenvolveranse as técnicas clásicas de marketing e as actuais de neuromarketing, aplicadas a nosa persoa, sendo cada alumno o que deberá desenvolver a noción persoal de marca. 

Para iso practicaránse diferentes metodoloxías e dinámicas para coñecer:

- Obxectivos de crecimento persoal e profesional

- Debilidades e fortalezas, e capacidades para analizar o grado de probabilidade de éxito na consecución de devanditos obxectivos. 

Deseñaremos un plan de marca persoal propio baseado en métodos de análises, toma de decisións, posicionamiento en RRSS, posicionamiento de imaxe persoal, habilidades comunicativas e de venda, consecución de recursos, etc. 

 

DATAS E HORARIO

A duración do taller será de 12 horas, impartÍndose en 4 sesións de 3 horas de duración cada un. Ditas sesións realizaranse os venres dende o 4 ao 25 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30. 

Datas

Data de celebración: Do 04/11/2016 ó 25/11/2016
Data de inscrición: Do 10/10/2016 ó 02/11/2016
Data de matrícula: Do 24/10/2016 ó 02/11/2016

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 240,00
Tarifa bonificada: 192,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: slopezj@udc.es

Comparte esta información

Personal Branding

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 04/11/2016 ó 25/11/2016
Horario: de 16:30 a 19:30
Lugar: A Coruña
Matrícula: 240,00 €