Inglés: preparación de exames de B2

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel B2 de inglés e que queiran prepararse para conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse para diversas probas de nivel (CertACLES B2, First - FCE, EOI, IELTS e APTIS); coñecerán as particularidades de cada exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba que mellor se adapte ás súas necesidades.

A fin de poder superar con éxito a diferentes partes da proba de nivel escollida, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas exixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 03/02/2022 ó 28/04/2022
Data de inscrición: Do 01/12/2021 ó 21/01/2022
Data de matrícula: Do 17/01/2022 ó 26/01/2022
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 17/02/2022 ó 25/02/2022

Importes

Tarifa oficial: 120,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 60,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Inglés: preparación de exames de B2

  Datos
Data: Do 03/02/2022 ó 28/04/2022
Horario: Xoves, 18:00 - 20:00 h.
Lugar: En liña
Matrícula: 120,00 €