Novas

Inés Rey: 'O modelo de cidade que presentamos é o dunha Coruña que avanza e que está chamada a ser referencia internacional'

12/04/2024

 

A alcaldesa, Inés Rey, impartiu esta mañá unha conferencia-coloquio na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, no marco do ciclo de conferencias sobre Economía e Internacionalización da Cátedra Luis Fernández Somoza, sobre o proxecto de xestión social e económica da Coruña. Rey puxo en valor o traballo realizado dende o Concello para a proxección da Coruña. "O modelo de cidade que presentamos é o dunha Coruña que avanza e que está chamada a ser referencia internacional" sinalou.

 

A alcaldesa referiuse á cidade como unha das "maiores potencias tractoras" da economía galega e puxo de exemplo a AESIA e a Cidade das TIC como proxectos de longo percorrido para a consolidación do liderado económico da Coruña. Rey tamén lembrou a posta en marcha do Plan Estratéxico da Coruña 2030-2050, no que as infraestruturas e a dinamización económica terán un papel clave. Sobre a posta en marcha do Plan, a rexedora explicou que "permitirá deseñar a cidade que queremos e que A Coruña está chamada a ser, por tradición e tamén por ambición".

 

"As grandes transformacións precisan tempo e o meu obxectivo é que baixo o meu mandato A Coruña viva a súa segunda modernización" concluíu.

 

A  Alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, aproveitou a visita para asinar no Libro de Ouro diante da decana, os representantes da Cátedra Luis Fernández Somoza e o seu Director.

#internacionalización #ciudades #sostenibilidad