Novas

Éxito de participación na edición especial de INTERLABS no CITEEC con motivo do Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia (11F) no Campus de Coruña

20/02/2024

 

O pasado venres 19 de febreiro celebrouse nas instalacións do CITEEC os INTERLABS, son pequenos encontros nos que varias persoas, nas etapas iniciais da súa carreira investigadora, expoñen brevemente o seu traballo en diferentes campos relacionados coas áreas extratéxicas da Axenda Científica do CITEEC, fomentando así o coñecemento entre os diferentes grupos e o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinares, con gran éxito de participación e asistencia. 

 

O evento contou coa participación da profesora da Facultade de Enxeñería Informática e Directora da Cátedra Aldaba WIB Virginia Mato Abad como madriña, quen abordou a brecha de xénero nas carreas tecnolóxicas na súa presentación; Blanca Fernández, presentou unha análise da estabilidade térmica para o almacenamento de hidróxeno verde en cavernas salinas; Angélica Goya, contou como é o desenvolvemento dunha metodoloxía innovadora para a xestión da contaminación das augas de escorrentía urbana; Noelia Fernández, amosou unha análise comparativa para a optimización  estrutural de diferentes tipos de jacket para eólica offshore e Lucía Valeiro, que falou das técnicas de simulación microscópica para a modelización do tráfico, o transporte público e a mobilidade, concretamente o caso do Concello de Coruña.