Novas

A cátedra ALDABA-WIB financia un dos premios da 5ª edición do Congreso XoveTIC

17/10/2022

O pasado 5 e 6 de outubro celebrouse a  5ª edición do Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña (CITIC). O congreso está destinado a investigadores/as junior (predoctorais e posdoctorais) que presentaron comunicacións orais e pósteres das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O obxectivo do XoveTIC é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír á formación dos novos investigadores e investigadoras.
 


Presentáronse máis de 50 traballos de Intelixencia Artificial (IA), Big Data, computación de altas prestacións, servizos e redes intelixentes e ciberseguridade e tiveron lugar dúas sesións plenarias, a cargo da enxeñeira de software en Google Research, Sabela Ramos, e o Cátedrático de Arquitectura e Tecnoloxías da Computación da UCM e presidente do SAB (Comité Asesor Externo) do CITIC.

 

 

O congreso concede cinco premios de 300 euros cada un aos proxectos máis valorados polo comité científico en áreas ou liñas de alto interese e impacto social. Un destes premios é financiado polas cátedras institucionais da Facultade de Informática, entre as que se atopa a Cátedra Aldaba-WIB.  

 

Este ano o traballo patrocinado polas cátedras institucionais vinculadas á Facultade de Informática da UDC foi presentado por Irene González da UDC baixo o título  “Evaluación de la atención selectiva en niños a través de Digital Teddy: estudio preliminar” centrado na atención selectivas en nenos, sendo coautores Francisco J. Vázquez-Araujo, Paula M. Casto Castro, Verónica Robles-García e Adriana Dapena Janeiro. 

 

 

Accede aquí á noticia completa.