Iniciación á mecatrónica: curso básico de iniciación á máquina ferramenta I (torno horizontal)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Organizado polo Grupo de Investigación en Enerxía e Propulsión da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas.

 

Dispón de laboratorios e talleres de mecanizado creados polo Ministerio de Fomento, onde hai 10 tornos de mecanizado, 1 torno de control numérico e duas fresadoras, ferramientas fundamentais á hora de traballar no ámbito da enxeñería na súa rama do metal, como é o caso dos estaleiros e procesos de fabricación industrial.

 

Ofértase aos estudantes e PDI da UDC un complemento formativo, en colaboración con diversas universidades como a Universidade Simón Bolívar (Venezuela), Universidade do Porto (Portugal) e a Universidade de Vigo, entre outras. 

 

obxectivo do curso é cubrir as carencias de formación práctica dos estudantes dos actuais graos en Tecnoloxías Mariñas e outras enxeñerías, como é o caso da Enxeñería Industrial, Inxeñería Naval, Deseño Industrial, así como outras titulacións da mesma índole. 

 

Por outra parte, pretendese dar unha formación complementaria e de renovación de coñecementos aos marinos que, debido ás particularidades do seu traballo, vense obrigados a formarse en curtos intervalos de tempo.

 

Contido

Introducción aos procesos de mecanizado con máquina ferramenta e o desenvolvemento práctico en torno dun proxecto de acordo cunha folla de procesos.

 

Información:

Datas de realización:

         Grupo 1 (de 6 alumnos) do 20/04/2020 ata 23/04/2020

         Grupo 2 (de 6 alumnos) do 27/04/2020 ata 30/04/2020

 

Lugar de celebración: Taller de Mecanizado da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas de A Coruña, Campus Riazor.

 

Horario: de 16:00 a 18:30 h

 

Número de alumnos: máximo 12 alumnos.

*No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, os criterios selección serán:

1- Orde de preinscrición

2- Darase preferencia a alumnos desempleados e de últimos cursos de ensinanzas técnicas.

3- Valoraránse outras circunstancias e intereses personais tales como a existencia de necesidades formativas para cubrir demandas de emprego determinadas..

 

Modalidade: presencial

 

Duración en horas lectivas: 10 (Por cada un dos 2 grupos)

 

Matrícula: 100€

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

Requisitos de inscrición e acceso ao taller:

      Seguro escolar SEGURO CUM LAUDE (Hac luce accidentes) ou equivalente.

      Os alumnos deberán traer o seu a sua propia funda de traballo e lentes de seguridade para poder acceder ao taller del centro.

 

Organizado por Jose Antonio Orosa García, Catedrático de Ciencias dea Navegación e Enxeñería Marina da UDC

Contacto: jose.antonio.orosa@udc.es

Documentación a achegar

Estudantes

Obrigatorio:

      Matrícula do curso académico 2019/2020_estudantes.

      Certificado seguro cum laude (Hac luce accidentes), agás se figura na matrícula ou equivalente.

Opcional:

      Tarxeta demanda emprego,no caso de ser estudante.

Datas

Data de celebración: Do 20/04/2020 ó 30/04/2020
Data de inscrición: Do 10/03/2020 ó 31/03/2020
Data de matrícula: Do 02/04/2020 ó 05/04/2020

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 100,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Iniciación á mecatrónica: curso básico de iniciación á máquina ferramenta I (torno horizontal)

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 20/04/2020 ó 30/04/2020
Horario: de 16:00 a 18:30 h
Lugar: ETSNeM Campus Riazor, A Coruña
Matrícula: 100,00 €