C.F.E.P. Dirección de Seguridade Privada

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O posgrao en Dirección de Seguridade Privadarecoñecido polo Ministerio do Interior a efectos de solicitación de habilitación para o exercicio da función do Director de Seguridade Privada, ten como obxectivo principal dotar ao alumno das ferramentas necesarias para iniciar a súa actividade profesional.

 

INFORMACIÓN

 

  • Créditos ECTS: 19,20 
  • Duración: Un curso académico (de outubro a marzo).
  • Inicio do curso: Outubro de 2019.
  • Preinscrición: Do 1 de xuño ao 21 de setembro de 2019.
  • Matrícula: Do 23 ao 27 de setembro de 2019.
  • Modalidade: Virtual (Campus virtual do CENP con seguimento tutorizado).
  • Total horas: 480 h.

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  • Ser titulado universitario.
  • Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  • Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comuns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución rectoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe en outro órgano.
  • Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  • Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios. Neste caso o nivel mínimo esixido:  Bacharelato ou equivalente.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno. Os criterios específicos serán os seguintes:

 

1. Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en Dereito.

2. Currículum profesional vinculado a Seguridade Privada.

3. Valoraránse outras circunstancias e intereses persoais relacionados co curso de posgrao.

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 de xuño ao 20 de setembro de  2019, tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.

 

Para acceder á inscricion preme no seguinte ligazón :http://cenpcoruna.es/formulario-inscripcion/

Bolsa: concederáse 1 bolsa cada 20 alumnos (50%) por motivos de condicións económicas, para iso se realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

Documentación a aportar xunto co boletín de preinscrición.

1. DNI,  pasaporte ou tarxeta de residencia ( para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.

2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:

- Será uno dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico personal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, taxjeta de PAAU, título de bacharelato ou equivalente.

3. Currículum Vitae.

4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

5.- Documentación da bolsa, no caso de aplicar: copia da declaración da renda.

 

MATRÍCULA

 

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.200 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou en dous plazos:

 

  • Pago único: Abonaránse 1.200 € do 23 de setembro ao 27 de setembro de 2019.
  • Pago aprazado: Abonaránse nun primeiro prazo  600 euros do 23 de setembro ao 27 de setembro de 2019.

       Abonaránse nun segundo prazo de 600 euros do 27 ao 31 xaneiro do 2020. 

 

O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

Datas

Data de celebración: Do 01/10/2019 ó 31/03/2020
Data de matrícula: Do 23/09/2019 ó 27/09/2019

Importes

Tarifa oficial: 1.200,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 600,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES

Comparte esta información

C.F.E.P. Dirección de Seguridade Privada

  Datos
Data: Do 01/10/2019 ó 31/03/2020
Horario:
Lugar: Escuela Universitaria de Turismo-CENP A Coruña
Matrícula: 1.200,00 €