Introdución á lingua de signos española (LSE)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso de Introdución á Lingua de signos española (LSE) de 45 horas supón unha primeira aproximación á lingua e á cultura da comunidade xorda. Ademais de ofrecer algúns coñecementos básicos da LSE, incidirase no contexto social e cultural das persoas xordas. Durante o curso traballaranse as tres destrezas principais da lingua: a expresión, a interacción e a comprensión signadas. O curso é moi práctico polo que cómpre a participación activa do alumno.

Documentación a achegar

Matrícula reducida para estudantes, PDI e PAS da UDC.

Os estudantes da UDC deben achegar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2018/19.

Os PDI e PAS da UDC deben achegar fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 05/02/2019 ó 02/05/2019
Data de inscrición: Do 14/01/2019 ó 21/01/2019
Data de matrícula: Do 22/01/2019 ó 27/01/2019

Importes

Tarifa Público en xeral: 250,00
Tarifa Membros UDC: 187,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981 16 70 00 Ext. 3626
Enderezo electrónico: mcmandic@ud.es

Comparte esta información

Introdución á lingua de signos española (LSE)

  Datos
Data: Do 05/02/2019 ó 02/05/2019
Horario: Os martes e xoves de 16:00 a 18:00
Lugar: Ferrol