Vivir en alemán

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Curso de 6 horas.  Nivel mínimo requerido A2

Este curso centrarase nas ferramentas orais básicas que un estudante Erasmus ou alguén que vaia a estudar ou traballar nun país de lingua alemá que necesitará na súa primeira toma de contacto co país.

Os principais puntos que se tratarán ao longo do curso serán os seguintes:

  • A vida en Alemaña: cultura, costumes e horarios
  • Viaxar por Alemaña: conversacións tipo ao usar os diferentes medios de transporte
  • O sistema sanitario: acudir a unha consulta médica, a tarxeta sanitaria, léxico relacionado coa saúde
  • A vida nun piso compartido (Wohngemeinschaft) ou unha residencia de estudantes (Studentenwohnheim): socializar cos nosos compañeiros, establecer normas básicas e resolver conflitos
  • Socializando en Alemaña: costumes e lingua

Documentación a achegar

Matrícula reducida para estudantes, PDI e PAS da UDC.

Os estudantes da UDC deben achegar a matrícula universitaria do curso 2018/19.

Os PDI e PAS da UDC deben achegar a tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 22/01/2019 ó 24/01/2019
Data de inscrición: Do 17/12/2018 ó 13/01/2019
Data de matrícula: Do 27/12/2018 ó 16/01/2019

Importes

Tarifa Público en xeral: 50,00
Tarifa Membros UDC: 34,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981167000 Ext. 3626
Enderezo electrónico: mcmandic@udc.es

Comparte esta información

Vivir en alemán

  Datos
Data: Do 22/01/2019 ó 24/01/2019
Horario: Martes, mércores e xoves de 18:30 a 20:30 horas
Lugar: Ferrol