Asistencia á Dirección

Información xeral

ULTIMAS PRAZAS

O curso está financiado pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Neste curso aprenderás xestionar as informacións e comunicacións, internas e externas, relacionadas cos responsables e órganos da dirección utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, mantendo o arquivo propio da secretaria de dirección, así como asistir á dirección no desenvolvemento e execución das actividades de organización delegadas por esta, con visión global e pro-actividade, segundo os obxectivos marcados e as normas internas establecidas.

Esta é unha acción formativa conducente a Certificado de Profesionalidade de nivel 3

Dirixido a traballadores desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego. 

GRATUITO

Requisitos de acceso.  Os alumnos deberán cumprir algún dos seguintes requisitos: 

  • Estar en posesión do Título de Bacharel
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certicado de profesionalidade ao que se desexa acceder
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional para o nivel 3.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formaivos de grao superior para o nivel 3 ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas. 
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter coñecementos formativos ou profesionais suficientes que permitan cursar con aproveitamento a formación.

Ademáis os alumnos deben demostrar ou acreditar un nivel de competencia en lingua inglesa Nivel B2.

EN CASO DE ESTAR INTERESADO/A CONTACTA CON FUAC (slopezj@udc.es) PARA REALIZAR O PROCESO DE SELECCIÓN ANTES DO VENRES 29 DE SETEMBRO. TELÉFONO: 881 012365

 

Datas

Data de celebración: Do 03/10/2017 ó 10/04/2018

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: slopezj@udc.es

Comparte esta información

Asistencia á Dirección

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 03/10/2017 ó 10/04/2018
Horario: 16:00 a 21:00
Lugar: A Coruña