Especialización en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa Online 2017

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Título propio da Universidade da Coruña recoñecido con 25 ECTS o longo do cal aprenderás a xestionar con éxito ás principais ferramentas da comunicación estratéxica dentro do ámbito corporativo: organización de eventos e reunións, roldas de prensa, redes sociais, imaxe persoal... Ademais de clases cos máis prestixiosos docentes e profesionais, terás clases prácticas e visitas didácticas a centros de interese. Posibilidade de PRÁCTICAS EN EMPRESAS (en España), xestionadas pola Fundación Universidade da Coruña.

  • Título que se obtén: Especialista en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa, expedido pola Universidade da Coruña.

  • Mínimo 18 alumnos máximo 30.

  • Datas

    • Impartición: Do 3 de marzo ao 3 de xuño

    • Matrícula: Do 20 ao 28 de febreiro

    • Preinscripción y solicitud de bolsa : Do 1 ao 10 de febreiro

  • Prezo: 775 €

  • Bolsas: 2 del 50%

  • Requisitos de acceso: Requisitos indicados no Regramento da Unidade de Estudos Propios de Posgrao:

  • a) Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuir unha titulación de ciclo curto. 

  • b) Posuír un título de grao. 

  • c) Ter superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos. 

  • d) Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano. 

  • e) Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou segundo ciclo. 

  • Excepcionalmente, poderán ser admitidos no curso de especialización:

    • a) O estudantado das actuais titulacións universitarias de primeiro ciclo ao que non lle falten máis de 30 créditos LRU (300 horas lectivas) para obter a titulación. Neste caso, para poder obter o título de experto ou especialista universitario, o/a estudante deberá posuír a condición de titulado/a antes de terminar o curso de especialización. b) Se a especificidade do curso de especialización así o aconsella, aqueles profesionais sen titulación universitaria pero que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudios universitarios.

    • Profesionais sen titulación Universitaria, pero que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos Universitarios.

 

  • Requisitos específicos de acceso:Titulado Universitario en Protocolo, Ciencias da Información, Comunicación, Turismo Publicidade e RR.PP/ CV. Vinculado as RR.PP., comunicación, protocolo, relacións institucionais, organización de eventos/ Acreditar outra formación en comunicación, protocolo, relacións públicas ou organización de eventos.

 

  • Requisitos de acceso a Bolsa:Nota media do expediente académico 2 (notable) + Acreditar familia numerosa. 

A unidade académica responsable é a Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC.

 

PROGRAMA

Módulo 1. Protocolo oficial. Relacións institucionais.

Módulo 2. Organización de eventos.

Módulo 3. Protocolo na empresa.

Módulo 4. Comunicación corporativa.

Módulo 5. Imaxe corporativa dixital.

Módulo 6. Habilidades de comunicación.

Módulo 7. Protocolo social. Imaxe persoal e profesional.

Créditos

Créditos: 25

Datas

Data de celebración: Do 03/03/2017 ó 03/06/2017
Data de inscrición: Do 01/03/2017 ó 02/03/2017

Web oficial

www.auladecomunicacion.com

Importes

Tarifa 2 plazo hasta 07/04/2017: 387,50

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: sisanchez@correo.udc.es

Comparte esta información

Especialización en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa Online 2017

  Datos
Data: Do 03/03/2017 ó 03/06/2017
Horario: Online
Lugar: Online.