III Edición do Curso de extensión universitaria sobre Estudos Marítimos

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso busca enriquecer a oferta formativa da UDC sobre estudos marítimos, así como ampliar e profundar unha liña de actuación no ámbito do ensino, a investigación, a información e a difusión sobre os estudos, desde unha perspectiva internacional e da Unión Europea, relacionados cos mares e os acéanos e o seu impacto en Galicia que se está realizando desde o Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da UDC para partir do ano 1997. 

 

A 3ª edición do curso está organizado no marco da Cátedra Jean Monnet "Dereito da Unión Europea do mar" en colaboración da Fundación MarInnLeg, cofinanciada pola Unión Europea. O curso ten como obxectivo achegar ás persoas interesadas polo mundo marítimo desde moi diversas perspectivas a situación actual dos mares e océanos, desde unha aproximación da súa utilización responsable e sostible. Esta iniciativa pretende ofrecer unha perspectiva interdisciplinar das múltiples realidades que se atopan tras as actividades marítimas.

 

DIRIXIDO A:

Alumnado de grao, máster ou programas de doutoramento de universidades españolas e estranxeiras, directivos e técnicos de institucións públicas e privadas relacionadas co mar, profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios, membros da sociedade civil.

 

DATAS DE CELEBRACIÓN:

Do 17 de abril ao 30 de maio de 2024.

 

HORARIO:

Mércores e xoves de 16:30 a 19:30h

 

LUGAR CELEBRACIÓN:

Modalidade on line: a través da plataforma MS TEAMS da UDC.

 

DATAS DE INSCRICIÓN:

Do 18 de marzo ao 15 de abril de 2024.

 

DATAS DE MATRICULA:

Do 18 de marzo ao 15 de abril de 2024.

 

CONTACTO:

Gabriela Oanta

 

PRAZAS:

30 prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición.

 

MATRICULA:

Importe  80 euros.

 

Mais información: ver documentación adxunta.

Datas

Data de celebración: Do 17/04/2024 ó 30/05/2024
Data de inscrición: Do 18/03/2024 ó 18/04/2024
Data de matrícula: Do 18/03/2024 ó 18/04/2024

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 80,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

III Edición do Curso de extensión universitaria sobre Estudos Marítimos

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 17/04/2024 ó 30/05/2024
Horario: Miércoles y jueves de 16:30 a 19:30h
Lugar: Plataforma MS TEAMS de la UDC
Matrícula: 80,00 €