International Conference on Boundary and Interior Layers, BAIL 2024

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña enorgullecese de acoller a International Conference on Boundary and Interior Layers, BAIL 2024, do 10 ao 14 de xuño de 2024, en colaboración coa Universidade da Coruña, a Sociedade Española de Matemáticas Aplicada (SEMA), o Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e o Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMAga).

 

As conferencias de BAIL céntranse en todos os aspectos dos métodos computacionales e analíticos para problemas cuxa solución mostra capas nítidas e problemas de perturbación singular. Ponse especial énfase na base matemática de tales métodos. Son benvidos os temas de calquera campo científico (mecánica de fluídos, modelado de semiconductores, teoría de control, aerodinámica e hidrodinámica, cinética química etc.) nos que se produzan capas límite e interiores.

 

A primeira conferencia de BAIL foi organizada polo Prof. John Miller no Trinity College de Dublín, Irlanda, en 1980. Á parte de dúas pausas, as conferencias de BAIL celebráronse cada dous anos desde entón.


DATOS DE INTERESE

  • Data límite para propostas de minisimposio: 15 de decembro de 2023
  • Data límite para o envío de resumos para a súa consideración: 15 de xaneiro de 2024
  • Data límite para aceptar resumos: 15 de febreiro de 2024
  • Datas de inscrición: Do 30 de novembro de 2023 ao 10 de abril de 2024
  • Datas de matrícula anticipada: Do 30 de novembro de 2023 ao 14 de marzo de 2024
  • Datas de matrícula xeral: Do 15 de marzo de 2024 ao 10 de abril de 2024​

Matrícula International Conference on Boundary and Interior Layers, BAIL 2024

 

Cota de inscrición anticipada

(Ata o 14 de marzo de 2024)

Cota de inscrición regular

(Do 15 de marzo de 2024 ao 10 de abril de 2024)

Profesionais                   475€                             575€
Estudantes*                   350€                             450€     
Acompañante                   150€                             200€

 

* Os estudantes deberán presentar unha copia en PDF da xustificación da súa condición de estudante.

 

A tarifa de inscrición inclúe:

  • Acceso a todas as sesións do programa BAIL 2024, documentación, xantares, coffee breaks, cea de gala e programa social.

A tarifa de inscrición de acompañante inclúe:

  • Acceso á cea de gala e programa social.


CONTACTO

  • Facultade de Ciencias da Computación
  • Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
  • Telf.: +34 981 16 70 00
  • e-mail: conference.bail2024@udc.es

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR POLOS ESTUDANTES

  • Copia en PDF da xustificación da súa condición de estudante (p.e.: resgardo de matrícula do curso actual).

Datas

Data de celebración: Do 10/06/2024 ó 14/06/2024
Data de inscrición: Do 30/11/2023 ó 30/04/2024
Data de matrícula: Do 15/03/2024 ó 30/04/2024

Web oficial

https://bail2024.udc.es/

Importes

Tarifa Students : 450,00
Tarifa Academic : 575,00
Tarifa Accompanying Person : 200,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

International Conference on Boundary and Interior Layers, BAIL 2024

  Datos
Data: Do 10/06/2024 ó 14/06/2024
Horario:
Lugar: Rúa da Maestranza, 9. 15001 - A Coruña