Italiano para a Moda

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

A palabra “moda” en Italia non se refire só ao vestiario: a beleza, a elegancia e o estilo son parte da nosa cultura. Pero á súa vez, pode considerarse como unha das empresas máis rendibles do noso país: o “ made in Italy” segue sendo unha garantía de calidade para clientes de todo o mundo. Cal é o secreto do éxito da moda italiana? No curso de “Italiano para xestión de moda” tentaremos contestar a esta pregunta, desenvolvendo algúns dos temas imprescindibles deste sector: dar unha formación básica para poder comunicar de maneira adecuada; promover o uso do léxico e da terminoloxía específicos do mundo da moda, facendo fincapé no uso de xenismos e tratar temas culturais relacionados con este sector.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2023/24.

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 08/01/2024 ó 23/01/2024
Data de inscrición: Do 11/12/2023 ó 04/01/2024
Data de matrícula: Do 11/12/2023 ó 04/01/2024

Importes

Tarifa oficial: 80,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Italiano para a Moda

  Datos
Data: Do 08/01/2024 ó 23/01/2024
Horario: De luns a xoves, 12:00 - 14:00 h.
Lugar: En liña - plataforma Teams
Matrícula: 80,00 €