Inglés: curso de pronunciación

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido nomeadamente ao profesorado que utiliza o inglés no ámbito académico e necesita mellorar a súa pronuncia. Porén, tamén resultará útil ás persoas que empregan este idioma no traballo, que fan presentación orais ou asisten a conferencias en que o inglés é a lingua franca.
No curso ofrécense unha avaliación inicial individual, unha introdución aos sons individuais e ao uso da entoación, unha práctica exhaustiva e unha avaliación final individual, así como suxestións para continuar a mellorar a pronuncia do inglés fóra das aulas.

►Dado que o curso se imparte principalmente en inglés, é recomendable que os/as participantes teñan un nivel B2 nesta lingua.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2022/23

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 03/07/2023 ó 27/07/2023
Data de inscrición: Do 10/04/2023 ó 12/06/2023
Data de matrícula: Do 14/06/2023 ó 26/06/2023

Importes

Tarifa oficial: 80,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Inglés: curso de pronunciación

  Datos
Data: Do 03/07/2023 ó 27/07/2023
Horario: Luns e xoves, 10:00 - 12:00 h.
Lugar: Ferrol
Matrícula: 80,00 €