Obradoiro: Italiano para Turismo

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O curso de Italiano para o Turismo diríxese ao alumnado da titulación de grao que pretenda desenvolver competencias comunicativas nunha lingua estranxeira relacionada coa súa área de estudos.

O curso ten unha metodoloxía comunicativa, baseada en simulación de situacións concretas. Presentaranse documentos e actividades do campo profesional específico, terminoloxía e diálogos prácticos de maneira a confrontar o alumnado con situacións reais próximas ao seu futuro laboral.

Entre outros asuntos, faremos unha aproximación ao territorio, á cultura, ao patrimonio artístico, gastronómico, enolóxico, etc., para que o estudantado teña un coñecemento sólido da cultura e o territorio italiano cara ao seu futuro laboral.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2022/23

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 03/07/2023 ó 27/07/2023
Data de inscrición: Do 10/04/2023 ó 12/06/2023
Data de matrícula: Do 14/06/2023 ó 26/06/2023

Importes

Tarifa oficial: 120,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrolinguas@udc.es

Comparte esta información

Obradoiro: Italiano para Turismo

  Datos
Data: Do 03/07/2023 ó 27/07/2023
Horario: De luns a xoves de 13:00 a 15:00 h.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 120,00 €