Inglés: preparación de exames de B1

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel B1 de inglés e que queiran prepararse para conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse para diversas probas de nivel (CertACLES, B1 Preliminary ‒PET‒, EOI, IELTS e APTIS); coñecerán as particularidades de cada exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba que mellor se adapte ás súas necesidades.

A fin de poder superar con éxito a diferentes partes da proba de nivel escollida, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas exixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2022/23

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 31/01/2023 ó 18/04/2023
Data de inscrición: Do 01/01/2023 ó 16/01/2023
Data de matrícula: Do 17/01/2023 ó 24/01/2023
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 17/02/2023 ó 24/02/2023

Importes

Tarifa oficial: 120,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 60,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Inglés: preparación de exames de B1

  Datos
Data: Do 31/01/2023 ó 18/04/2023
Horario: Martes e xoves, 12:00 - 13:30 h.
Lugar: En liña- Platarforma Teams
Matrícula: 120,00 €