Información xeral
Co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos fin de Grao no eido de actuación da Cátedra CICAS, ofrécense mediante a presente convocatoria axudas económicas para a realización de TFG do Grao en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD) da Facultade de Informática da UDC. Esta iniciativa lévase a cabo con cargo ao orzamento da cátedra CICAS, financiada pola empresa Corunet by Sngular.
Dotaranse un máximo de 4 axudas.
Requisitos:
- O traballo fin de grao deberá involucrar o desenvolvemento de software. Este software deberá ser liberado con licenza Mozilla.
- O traballo fin de grao deberá ter utilidade de natureza cientifica, resultar de utilidade para o desenvolvemento de labores de investigación cientifica, ou contribuír ao avance no estado-da-práctica en canto ao uso de software no eido cientifico se refire.
Características e condicións de desfrute
- O traballo fin de grao terá que defenderse nalgunha das convocatorias do ano académico 2022/2023.
- As persoas seleccionadas comprométense a mencionar o financiamento recibido por parte da Cátedra CICAS na memoria que depositen para a defensa do seu TFG.
Dotación económica
- As axudas para a realización do traballo fin de grao serán de 1.200€ cada unha.
- Transferirase ás persoas seleccionadas un 50% da dotación no momento da concesión da axuda, e o 50% restante despois da xustificación do depósito do traballo fin de grao.
Avaliación das solicitudes
- A comisión da Cátedra CICAS será a encargada de avaliar e conceder as solicitudes unha vez cumpridos os requisitos reflectidos.
Axuda extraordinaria para a difusión aberta de resultados
- A Cátedra CICAS, outorgará catro axudas extraordinarias de 800€ ás autoras/es de aqueles Traballos Fin de Grao do GEI ou GCED que dean como resultado unha presentación ou relatorio aceptado nun evento, workshop ou conferencia cientifica, a fin de sufragar os gastos de rexistro e asistencia da/o estudante á mesma.
- Para a compensación extraordinaria por difusión de resultados haberá que entregar copia da carta de aceptación do traballo.
- Estas axudas resolveranse estritamente por orde de solicitude, durante o ano académico 2022/2023.
Formalización das solicitudes
- As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico da cátedra: catedra.cicas@udc.gal
- O prazo para presentar a solicitude comeza o 21 de novembro de 2022 e remata o 5 de decembro de 2022.
Resolución
As comunicacións realizaranse por correo electrónico ás persoas interesadas, e a través da presenza online institucional da cátedra (web, redes sociais).
A resolución provisional de solicitudes admitidas publicarase antes do 20 de decembro de 2022. O prazo de reclamación e reparación será de 2 días hábiles a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar dita publicación.
A resolución definitiva publicarase antes do día 23 de decembro de 2022.
Documentación a achegar
Para a solicitude destas axudas as persoas solicitantes terán que achegar:
- Anteproxecto do traballo fin de grao, aprobado pola Comisión Xestora de Traballos fin de Grao da titulación correspondente (GEI ou GCED).
- Breve currículum (1 folla).
- Expediente académico.
- Carta de motivación.
- Xustificante da conta bancaria.
Datas
Data de celebración: Do 21/11/2022 ó 05/12/2022
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Comparte esta información