Coñecendo Italia a través do audiovisual

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este obradoiro ten como obxectivo explorar tres das rexións italianas máis coñecidas a nivel turístico e cultural a través da visión de filmes que exaltan a súa beleza e a súa idiosincrasia. Proponse unha “viaxe imaxinaria” pola lingua, pola gastronomía, polos monumentos e polos costumes de Sicilia, Toscana e Véneto. 

Os filmes son os seguintes: 

 “Il Commissario Montalbano”: para coñecer os secretos da illa máis grande do Mediterráneo a través da ollada do comisario Montalbano. 

“Sotto il sole della Toscana”: un percorrido pola rexión da Toscana, berce da lingua italiana, baixo o prisma de Audrey Wells.

“Il Casanova” de Fellini: a maxia e o misterio de Venecia plasmados nunha das obras mestras de Federico Fellini. 

 

 

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 30/05/2022 ó 30/06/2022
Data de inscrición: Do 04/04/2022 ó 25/05/2022
Data de matrícula: Do 18/05/2022 ó 25/05/2022

Importes

Tarifa oficial: 120,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Coñecendo Italia a través do audiovisual

  Datos
Data: Do 30/05/2022 ó 30/06/2022
Horario: Luns, martes e xoves de 11:00 - 13:00 h.
Lugar:
Matrícula: 120,00 €