Inglés: Curso de pronuncia

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido nomeadamente ao profesorado que utiliza o inglés no ámbito académico e necesita mellorar a súa pronuncia. Porén, tamén resultará útil ás persoas que empregan este idioma no traballo, que fan presentación orais ou asisten a conferencias en que o inglés é a lingua franca.
No curso ofrécense unha avaliación inicial individual, unha introdución aos sons individuais e ao uso da entoación, unha práctica exhaustiva e unha avaliación final individual, así como suxestións para continuar a mellorar a pronuncia do inglés fóra das aulas.

►Dado que o curso se imparte principalmente en inglés, é recomendable que os/as participantes teñan un nivel B2 nesta lingua.

 

Este curso é gratuito para o profesorado que participa nos programas oficiais de docencia en inglés da UDC, mais deben informalo enviando un correo electrónico a centrodelinguas@udc.gal

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22

Os docentes que pertenezcan ao programa PALDI, deben informalo por email ao Centro de Linguas.

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 29/06/2022 ó 26/07/2022
Data de inscrición: Do 04/04/2022 ó 20/06/2022
Data de matrícula: Do 13/06/2022 ó 20/06/2022

Importes

Tarifa oficial: 120,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Inglés: Curso de pronuncia

  Datos
Data: Do 29/06/2022 ó 26/07/2022
Horario: de luns a xoves de 11:00 a 13:00 h.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 120,00 €