Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel C1 de inglés e que queiran prepararse para conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse para diversas probas de nivel (CertACLES B2, First - FCE, EOI, IELTS e APTIS); coñecerán as particularidades de cada exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba que mellor se adapte ás súas necesidades.
A fin de poder superar con éxito a diferentes partes da proba de nivel escollida, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas exixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.
Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22
Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.
O público externo debe achegar o seu DNI.
Non se admite domiciliación bancaria.
Data de celebración: Do 16/05/2022 ó 16/06/2022
Data de inscrición: Do 04/04/2022 ó 12/05/2022
Data de matrícula: Do 02/05/2022 ó 12/05/2022
Tarifa oficial: 120,00 €
Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es
Inglés: preparación de exames de C1