Italiano para Turismo

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O curso de Italiano para Turismo diríxese ao alumnado da titulación de grao que pretenda desenvolver competencias comunicativas nunha lingua estranxeira relacionada coa súa área de estudos. 

O curso ten unha metodoloxía comunicativa, baseada en simulación de situacións concretas. Presentaranse documentos e actividades do campo profesional específico, terminoloxía e recursos prácticos de maneira a confrontar o alumnado con situacións reais próximas ao seu futuro laboral. 

Entre outros asuntos, faremos unha aproximación ao territorio, á cultura, ao patrimonio artístico, gastronómico, enolóxico, etc., para que o estudantado teña un coñecemento sólido para o seu futuro profesional. 

Centrarémonos nas tipoloxías do turismo, na oferta do mundo da hostalaría, nas estratexias de marketing, atendemento ao público, etc. 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 31/01/2022 ó 09/05/2022
Data de inscrición: Do 01/12/2021 ó 21/01/2022
Data de matrícula: Do 17/01/2022 ó 25/01/2022
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 17/02/2022 ó 25/02/2022

Importes

Tarifa oficial: 120,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 60,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981167000 Ext. 4751/4752
Enderezo electrónico: centrolinguas@udc.es

Comparte esta información

Italiano para Turismo

  Datos
Data: Do 31/01/2022 ó 09/05/2022
Horario: Luns, de 12:00 a 14:30 h
Lugar: A Coruña
Matrícula: 120,00 €