Inglés B2.2 (Grupo 2)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua inglesa  nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B2 (usuario independente, grao elevado do nivel avanzado), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

No final do curso, o estudantado dominará as estruturas lingüísticas necesarias para empregar a lingua con destreza na maior parte das situacións cotiás e tamén en situacións pouco previsíbeis; poderá entender textos orais e escritos con certa complexidade e será capaz de defender distintos puntos de vista sobre cuestións xerais.

► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 360 horas de módulos previos ou que teña superado o nivel B2.1.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Créditos

Créditos: 6

Datas

Data de celebración: Do 31/01/2022 ó 04/05/2022
Data de inscrición: Do 01/01/2022 ó 01/02/2022
Data de matrícula: Do 17/01/2022 ó 01/02/2022
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 17/02/2022 ó 28/02/2022

Importes

Tarifa oficial: 195,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 97,50

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Inglés B2.2 (Grupo 2)

  Datos
Data: Do 31/01/2022 ó 04/05/2022
Horario: Luns e mércores, 16:00 - 18:00 h.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 195,00 €