Master en Loxística e Transporte IV Edición

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

*NOTA PARA ADMITIDOS AO MASTER:

Convocase unha “Reunión inicial do Máster”, na que os directores darán a benvida e na que se recibirá información importante en relación ao desenvolvemento do Máster. Terá lugar o luns 26 de setembro ás 18:30 da tarde, e unha duración aproximada de 90 minutos, na aula 1.3 (sótano) do Edificio de Apoio ao Estudo no Campus de Esteiro en Ferrol (no mapa http://goo.gl/maps/2tf8U  Avda. Vigo con Rúa Antelo).

Tamén adiantámosvos que na tarde do venres 30 de setembro terá lugar o Acto Inaugural da IV edición e a conferencia de apertura do curso, no Salón de Actos do Campus de Ferrol. Xa no día 1 de Outubro impartirase a primeira sesión de clase do Máster no seu horario, de 9:30 a 13:30. Sobre estes dous temas vos ampliaremos a información en breve.

___________________________________________________________________________________________________

Datas de celebración: Do 30 de setembro do 2016 ao 30 de setembro do 2017.

Lugar de celebración: Campus de Esteiro de Ferrol, Edificio de Apoio ao Estudo,  http://goo.gl/maps/2tf8U

Horario: Venres de 16:15 a 21:15 e sábados de 9:30 a 13:30.

Preinscripción e solicitude de Bolsa: Do 20 de xuño ao 20 de xullo do 2016.

Matrícula: Do 29 de agosto ao 12 de setembro do 2016, en modalidade de pago único.

Pago en prazos: 1º prazo do 29 agosto ao 12 de setembro do 2016, 2º prazo do 1 de febreiro do 2017 ao 15 de febreiro do 2017.

Horarios: Venres tarde e sábados pola mañá. Excepcionalmente poderanse propoñer actividades noutros horarios (visitas, conferencias, etc.)

Nº de alumnos: Mínimo 15, máximo 25.

Destinatarios:

O presente máster está destinado a profesionais, titulados e estudantes que queiran coñecer o ámbito profesional da loxística e do transporte de mercadorías.

Para acceder ao máster, os estudantes deberán de reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos.

  • Ser titulado universitario de ciclo curto ou largo.

  • Ter un título de grao.

  • Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.

  • Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nos mesmos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada, e un informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.

  • Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou segundo ciclo.

  • Tamén poderán acceder ao Máster as persoas con títulos superiores estranxeiros similares aos indicados anteriormente sen necesidade de homologación, se ben será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC. 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.

Os criterios específicos serán os seguintes.

  • Expediente académico e relación da titulación co ámbito dos estudos.

  • Currículo profesional relacionado co ámbito dos estudos.

  • Xustificación da motivación para a realización dos estudos.

  • Entrevista persoal (opcional).

 

Dirección do Máster:

Luís Carral Couce (Escola Politécnica Superior – UDC)

Alfonso Orro Arcay (E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, C. y P. – UDC)

Vicente Irisarri Castro

Documentación a achegar

Os alumnos interesados en cursar o posgrao no curso 2016/17 deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 20/06/2016 ao 20/07/2016 tendo en conta que o día límite deberá haber aportado a totalidade da documentación requirida.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A PREINSCRIPCIÓN

  • DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.

  • Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, firmado e que sexa completamente visible.

Será un dos seguintes:

1. Copia do título universitario de acceso.

2. Certificado sustitutorio do título.

3. Certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título no que se indique que superou ás materias de formación básica (ou o primeiro ciclo dos plans antigos).

  • Currículo Vitae.

  • Carta dirixida a dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para seren seleccionado.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A SOLICITUDE DE BOLSA

Se concederán bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no máster, que poderán solicitarse do 20/06/2016 ao 20/07/2016 xunto coa preinscripción.

Os criterios para a adxudicación de becas serán:

  • Expediente académico.

  • Currículo vitae.

  • Situación económica do núcleo familiar.

A Documentación a aportar será:

  • Expediente académico (se non se aportou na documentación da preinscripción).

  • Renda neta per cápita familiar calculada de acordo co procedemento das Becas de Carácter Xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (pódese solicitar un documento aclaratorio a persoa de contacto).

  • DOCUMENTO DE CONSULTA PARA O CÁLCULO Descarga documento 

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 30/09/2016 ó 30/09/2017
Data de inscrición: Do 20/06/2016 ó 20/07/2016
Data de matrícula: Do 29/08/2016 ó 15/09/2016
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/02/2017 ó 15/02/2017

Web oficial

http://www.masterlogisticaytransporte.com/es/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 4.900,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 2.450,00
Tarifa con bolsa: 2.450,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 014 458
Enderezo electrónico: sisanchez@correo.udc.es

Comparte esta información

Master en Loxística e Transporte IV Edición

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 30/09/2016 ó 30/09/2017
Horario: viernes de 16:15 a 21:15 y sábados de 9:30 a 13:30.
Lugar: Edif.Apoio ao Estudo-Campus Esteiro-Ferrol
Matrícula: 4.900,00 €