Inglés: preparación de exames de B2

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel B1 de inglés e que queiran conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse para diversas probas de nivel (CertACLES, B2 First ‒FCE‒, EOI, IELTS e APTIS); coñecerán as particularidades de cada exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba que mellor se adapte ás súas necesidades.

A fin de poder superar con éxito as diferentes partes da proba de nivel escollida, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas exixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2021/22

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 23/09/2021 ó 09/12/2021
Data de inscrición: Do 23/08/2021 ó 06/09/2021
Data de matrícula: Do 07/09/2021 ó 14/09/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 07/10/2021 ó 19/10/2021

Importes

Tarifa oficial: 120,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 60,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Inglés: preparación de exames de B2

  Datos
Data: Do 23/09/2021 ó 09/12/2021
Horario: Xoves, 18:00 - 20:00 h.
Lugar: En liña
Matrícula: 120,00 €