Xerencia de Riscos e Seguros (Plan Inicia Gerenciarys)

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran formarse na XESTIÓN DO RISCO E O SEGURO.

 

Acceso a inscrición

 

Datas de impartición: do 10/09/2021 ao 12/02/2022

Preinscrición: do 01/06/2021 ao 15/07/2021

Matrícula: do 27/07/2021 ao 22/08/2021

Horariosvenres de 9:30 h a 14:00 h  e de 16:00 a 19:00 h. Sábados de 9:30 h a 14:00 h.

Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de título.

Créditos: 30 ECTS

Aula: 18 da Facultade de Dereito

Nº alumnos: mínimo 25, máximo 50

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  3. Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  5. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudios universitarios

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terán preferencia os alumnos cunha titulación de Grao en Dereito, Economía ou Empresa ou Enxeñería.
  2. Currículum profesional vinculado a actividades empresariais relacionadas coa xestión do risco e o seguro.
  3. Valoráranse outras circunstancias e intereses persoais tales como que presentasen a súa solicitude con maior antelación.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 12/07/2021 ao 15/08/2021, tendo en conta que a data límite deberá haber ter aportada a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.

 

No caso de solicitar Bolsa, levarase a cabo todo o proceso de documentación no momento de realizar a matriculación achegando  a documentación acreditativa que sexa solicitada.


DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  3. C.V.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentación da bolsa, no caso de aplicar.

 

MATRÍCULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. Existen dous tipos de matrícula:

  1. Modalidade presencial: ten un custo de 2.600 euros/2.300 euros para os Amigos da Fundación Inade.
  2. Modalidade virtual: ten un custo de 2.300 euros/2.000 euros para os Amigos da Fundación Inade.

 

O alumno poderá proceder ao pagamento da matrícula nun pago único do 27/07/2021 ao 22/08/2021

 


SOLICITUDE DE BOLSA:

Unha das bolsas consiste nun desconto do 50% do prezo ordinario de matrícula do curso de especialización.
A bolsa concederáse nun concurso entre todos eles que decidirase en funcion dos puntos acadados por cada un nos seguintes extremos:

a) a necesidade que teña o estudante de desplazarse para atender ao curso,

b) o CV presentado, o expediente académico e a carta de motivacion.


** A cuantía da beca será de 1.300 euros si o candidato está matriculado na modalidade "todo presencial" ou de 1.150 euros se o candidato está matriculado na modalidade "streaming".

 

A outra bolsa suporá un desconto do 100% do prezo ordinario da matrícula (2.600 euros y 2.300 euros en función da modalidade de impartición escollida polo alumno) do curso de especialización e concederase dacordo cos seguintes criterios:

 

Indispensable: Compromiso e dispoñibilidade para acudir a todas as sesións do curso (venres e sábados).

 

Valorarase preferentemente:

  1. Ter unha ou varias das seguintes titulacións de Grao: Dereito, ADE, Económicas, Empresariais, Enxeñaria informática, civil ou industrial: ata 10 puntos.
  2. Ter un ou varios másters universitarios oficiais en materias de carácter xurídico, empresarial ou económico: ata 3 puntos.
  3. Outros méritos (expediente académico, experiencia laboral previa relacionada coas materias do curso, idiomas): ata 5 puntos.

 

No caso de empate poderase celebrar unha entrevista persoal cos candidatos ao efecto de seleccionar ao máis idóneo

 

MÁIS INFORMACIÓN

Créditos

Créditos: 30

Datas

Data de celebración: Do 10/09/2021 ó 12/02/2022
Data de matrícula: Do 27/07/2021 ó 22/08/2021

Web oficial

https://catedrafundacioninade.org/curso-de-gerencia-de-riesgos-y-seguros-promocion-2021-2022

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Matrícula general_presencial: 2.600,00
Tarifa Matrícula Amigos de la Fundación INADE_presencial: 2.300,00
Tarifa Matrícula general_online: 2.300,00
Tarifa Matrícula Amigos de la Fundación INADE_online: 2.000,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Xerencia de Riscos e Seguros (Plan Inicia Gerenciarys)

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 10/09/2021 ó 12/02/2022
Horario: viernes: 09:30 h a 14:00 h y de 16:00 a 19:00 h./ sábados: 09:30 h a 14:00 h.
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña