Prazo de inscrición pechado.
A Cátedra HM-UDC "Traumatoloxía do Deporte" , impulsada polo Grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais o recoñecemento da investigación que se está desenvolvendo en Galicia no ámbito da traumatoloxía deportiva, así como a diseminación dos resultados de investigación e a transferencia do coñecemento.
Por iso a Cátedra HM-UDC convoca a terceira edición do premio ao mellor Traballo Fin de Máster (en diante TFM) realizado por estudantes que obtivesen un máster nunha universidade galega durante o ano 2020 en diante, mediente a realización dun TFM.
DIRIXIDO A
Poderán optar ao premio todos aqueles doutores de calquera nacionalidade, que defendesen o seu TFM en calquera das universidades galegas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 e antes antes da data límite de presentación ao premio, obtendo unha calificación de sobresaliente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publiación das presentes bases e rematará o 15 de novembro de 2021 as 24:00 h.
Data de celebración: Do 20/07/2021 ó 15/11/2021
Data de inscrición: Do 20/07/2021 ó 15/11/2021
https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC- Mellor Traballo de Fin de Máster