VI Mestrado en Comunicación Deportiva

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

VI Edición do Mestrado en Comunicación Deportiva destinado a profesionais, egresados e estudantes aos que se lles proporcionará a adquisición de coñecementos no ámbito da comunicación deportiva, claves na organización e estrutura das institucións, atendendo aos diversos soportes: prensa escrita, radio, televisión e medios dixitais.

 

O programa formará aos alumnos na planificación deportiva, xestión económica, ordenación xurídica, organización deportiva e de eventos, e comunicación atendendo a todas as vertentes. Os coñecementos adquiridos no mestrado permitirán a consecución dunha vantaxe competitiva aos alumnos, permitindo a aplicación inmediata dos mesmops no desenvolvemento da súa carreira profesional, atendendo á natureza práctica desenvolvida durante o mestrado.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 22 de octubre de 2021 ao 25 de xuño de 2022.

  • Lugar: Aulas da Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus de Elviña, Coruña.C.P.:15008.

  • Horario: Venres de 16:00h a 21:00h e Sábados de 09:00h a 14:00h.

  • Número de alumnos: mínimo 10, máximo 25.

  • Créditos: 60 ECTS.

  • Modalidade: Presencial.

  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación na clase.

É obrigatoria a presentación dun Proxecto fin de Mestrado/Tesina.

  • Preinscrición e matrícula:

    • Período de preinscrición: ata o 15 de outubro de 2021.
    • Período de matrícula: 10 días posteriores á aceptación (último día 22 de outubro de 2021).

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.

  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.

  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral. Logo da solicitude individual e razonada da persoa interesada e o informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.

  4. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas)  ata o 15 de outubro de 2021, tendo en conta que o día límite debera ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

No caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición e a realización dunha entrevista persoal, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 5.500 euros, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos. Tendo que aportar unha reserva de praza do 10 % do importe total do curso.

 

O pagamento da matrícula farase nos 10 días posteriores á aceptación.

 

Formas de pago:

  • Pago único: Abonaráse o  90% restante antes do 22 de Outubro de 2021.

 

  • Pago aprazadoAbonaráse nun primeiro prazo un 45%  antes do 22 de Outubro de 2021.

               Abonaráse nun segundo prazo o 45% na primeira semana de xaneiro de 2022.

*Consultar outras modalidades de pago/flexibilidade nas cotas

 

SOLICITUDE DE BECA

Existen duas becas do 50% da matrícula por importe 2.750 euros e unha bolsa do 100% da matrícula, así como outras bonificacións, que se poderán solicitar en primeira instancia ata o 15 de xuño de 2021 e en segunda convocatoria ata o 15 de octubro de 2021.

 

Unah vez aceptada a súa solicitude de beca, no caso do 50%, o alumno deberá efectuar un só pago en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

Para a concesión das becas atenderase aos seguintes criterios:

  • De renta.
  • Académicos.

 

Os solicitantes que aleguen unha disminución drástica dos ingresos da unidade familiar ou unha mala situación económica, creada ou acontecida, e sempre que a xuicio do Comité de Avaliación se considere xustificada.

 

Para  a súa obtención, atenderase á valoración dos seguintes criterios da unidade familar (total ou parcial). Toda a documentación a achegar no momento da preinscrición detállase máis abaixo.

Documentación a achegar

Documentación obrigatoria a achegar:

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambar caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividad, tarxeta de PAAU.
  3. Currículo Vitae.
  4. Títulos correspondentes a recoñecementos de nivel de idiomas, se se dispuxese deles.
  5. Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

Documentación a aportar en caso de solicitude de bolsa:

Para a obtención de bolsa, atenderase á valoración dos seguintes criterios da unidade familiar (total ou parcial):

a) Situación legal de desemprego.

b) Separación ou divorcio de feito ou de dereito / Familias monoparentais.

c) Discapacidades ou minusvalías.

d) Enfermidades graves.

e) Pensionistas.

f) Consecuencias sociais que afecten negativamente á situación económica.

g) Historial de bolsas concedidas con anterioridade.

h) Estudantes estranxeiros.

 

Deberase achegar ademáis:

- Expediente académico completo.

- Declaración da renda.

- Carta de motivación.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 22/10/2021 ó 25/06/2022
Data de inscrición: Do 02/06/2021 ó 15/10/2021
Data de matrícula: Do 02/06/2021 ó 22/10/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/01/2022 ó 09/01/2022

Web oficial

https://mastercomunicaciondeportivaudc.wordpress.com/

Importes

Tarifa oficial: 5.500,00
Tarifa bonificada: 385,00
Tarifa Reserva de plaza (10%): 550,00
Tarifa Pago único 90%: 4.950,00
Tarifa Primer plazo 45%: 2.475,00
Tarifa Segundo plazo 45%: 2.475,00
Tarifa Alumnos becados 50%: 2.750,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

VI Mestrado en Comunicación Deportiva

  Datos
Data: Do 22/10/2021 ó 25/06/2022
Horario: Viernes de 16:00h a 21:00h y Sábado de 09:00h a 14:00h
Lugar: Fac. de Ciencias de la Comunicación UDC. A Coruña
Matrícula: 5.500,00 €