Preparación para Cambridge B2 (First)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel B2 de inglés e que queiran conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse as probas de nivel B2 First; coñecerán as particularidades do exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba.
A fin de poder superar con éxito as diferentes partes da proba, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas esixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 06/07/2021 ó 12/08/2021
Data de inscrición: Do 03/05/2021 ó 30/06/2021
Data de matrícula: Do 03/05/2021 ó 30/06/2021

Importes

Tarifa oficial: 90,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981167000 Ext. 4751/4752
Enderezo electrónico: centrolinguas@udc.es

Comparte esta información

Preparación para Cambridge B2 (First)

  Datos
Data: Do 06/07/2021 ó 12/08/2021
Horario: Luns e mércores de 12:00 a 14:30 horas.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 90,00 €