Francés: preparación de exames de B2

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está dirixido a candidatos/as que teñan un nivel B2 de francés e que queiran conseguir unha acreditación deste nivel. Ao longo do curso poderán prepararse para diversas probas de nivel (DELF, EOI); coñecerán as particularidades de cada exame e recibirán a formación necesaria para poder presentarse á proba que mellor se adapte ás súas necesidades.
A fin de poder superar con éxito as diferentes partes da proba de nivel escollida, os/as candidatos/as porán en práctica, a través de diversas estratexias, as competencias lingüísticas exixidas: comprensión oral e escrita e mais produción e interacción orais e escritas.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 01/06/2021 ó 22/07/2021
Data de inscrición: Do 03/05/2021 ó 26/05/2021
Data de matrícula: Do 03/05/2021 ó 26/05/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 21/06/2021 ó 25/06/2021

Importes

Tarifa oficial: 190,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 95,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981 16 70 00 Ext. 4751 / 5752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Francés: preparación de exames de B2

  Datos
Data: Do 01/06/2021 ó 22/07/2021
Horario: Martes, mércores e xoves, 09:30 a 11:30 (xoves, de 10:30 a 11:30 h, sesión asíncrona)
Lugar: A Coruña
Matrícula: 190,00 €