III Curso sobre a Economía Circular no marco da axenda mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 12

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

A terceira edición do Curso sobre "A Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable nº 12" está organizada polo Campus de Sustentabilidade da  Universidade da Coruña en colaboración coa "Asociación para a Sustentabilidade e o Progreso das Sociedades" (ASYPS), contando co apoio de Ecoembes e da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable.

O obxectivo do Curso é que os participantes poidan obter un amplo e rigoroso coñecemento do significado do novo marco da nomenclatura da Economía Circular para abordar os retos do Desenvolvemento Sustentable Global, para complementar as súas capacidades curriculares, así como reforzar os programas actuais de estudo sobre estas importantes cuestións que afectan e condicionan a evolución da economía mundial.

Está destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran profundar no concepto da Economía Circular.

 

Número alumnos: máximo 50. Requírese inscrición previa. 

 

INFORMACIÓN DO CURSO

 

Datas de celebración: venres 6,13 e 20 de novembro do 2020

 

Lugar: Facultade de Dereito. Campus de Elviña s/n.

 

Duración (30 horas):

Presenciais: 15 horas (3 xornadas, duración 5 horas)

Elaboración memoria avaliación: 15 horas (data límite para a entrega 20 de decembro de 2020)

 

Estrutura:

O Curso está estruturado en dúas partes:

  1. Unha parte presencial a cargo de profesores da UDC e expertos nas materias abordadas, cun debate participativo de 15 horas de duración, distribuído en tres sesións presenciais.
  2. Unha segunda parte consistente na realización dun traballo específico por parte  dos participantes sobre un dos temas do programa e oportunamente tutelado e avaliado polos profesores responsables do curso. Para iso, os participantes dispoñerán de abundante material en liña, constituido por videocoferencias gravadas doutros cursos realizados, así como materiais didácticos sobre as distintas temáticas abordadas nos módulos programados.

 

Avaliación

  1. Asistencia a un mínimo das dúas terceiras partes das sesións presenciais. É dicir, das tres sesións presenciais previstas no programa, haberá de xustificarse a asistencia de, polo menos, dúas das tres sesións completas.
  2. Elaboración dunha memoria por escrito sobre algún dos contidos do curso que deberá enviarse a dirección de correo electrónico oficina.sustentabilidade@udc.es

 

Horario: Venres 6, 13 e 20 de novembro de 09:00 a 14:00 horas.

                         

Modalidade: Presencial

 

Preinscrición e matrícula:

Data de inscrición: do 26 de outubro ao 4 de novembro de 2020.

Data de matrícula: do 26 de outubro ao 4 de novembro de 2020.

 

Prezo:

Inscrición xenérica: 50€.

Inscrición reducida (desempregados e ex alumnos UDC): 25€.

Alumnos e persoal UDC: Gratuíto

                                                                           

 

Documentación a achegar

 

Documentación a achegar:

Resgardo da matrícula, no caso de ser estudantes da UDC

Copia do título ou certificación académica, no caso de antigos alumnos da UDC.

Tarxeta demanda, no caso de  estar desempregado.

Resgardo da nómina, no caso de persoal UDC

Datas

Data de celebración: Do 06/11/2020 ó 20/12/2020
Data de inscrición: Do 26/10/2020 ó 11/11/2020
Data de matrícula: Do 26/10/2020 ó 13/11/2020

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa General: 50,00
Tarifa Desempleados y ex alumnos UDC: 25,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

III Curso sobre a Economía Circular no marco da axenda mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 12

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 06/11/2020 ó 20/12/2020
Horario: Viernes 6,13,20 de noviembre de 9:00 a 14:00
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña