I Congreso Internacional de Psicoloxía Educativa (CIPED)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

I Congreso de Psicoloxía Educativa (CIPED) presenta como fin último xerar un espazo para a posta en común de proxectos, investigacións e tendencias relacionadas co ámbito da educación e da psicoloxía entre outras ramas de coñecemento, fomentando así a difusión bidireccional de coñecemento entre as comunidades educativa e científica.

 

A liña temática xeral do congreso é a psicoloxía educativa, pero concretamente acéptanse propostas enfocadas a diferentes aspectos como poden ser: a relación entre a motivación e a aprendizaxe, a aprendizaxe autoregulada, o benestar psicolóxico e a calidade de vida ao longo do ciclo vital, diferentes experiencias prácticas nas aulas, experiencias educativas en relación cos deberes escolares ou toda proposta relacionada coas Necesidades Educativas Especiales (NEE) ou coas Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE).

 

O presente congreso, pola súa condición de internacional, ofrece á comunidade científica non só a posibilidade de difusión dos resultados a toda a comunidade educativa, adicionalmente tamén aporta aos diferentes participantes a posibilidade de establecer unha rede de contactos entre profesionais do mesmo ámbito con intereses similares.

 

Os obxectivos do congreso son:

-Fomentar a difusión de coñecementos científicos entre a comunidade educativa.
-Crear un espazo para a posta en común de coñecementos enfocados a aprendizaxe, a actualización e a mellora da practica educativa.
-Perfeccionar o desenvolvemento científico dos participantes a través da comunicación das súas propostas.

 

Dirixido a:

A repercusión deste congreso está enfocada na mellora e innovación da práctica docente perseguindo o aumento da calidade educativa con todo, polas súas características, de igual modo preséntase apto para todo aquel que desexe formarse e aumentar o seu coñecemento do ámbito educativo.

 

INFORMACION DE INTERESE: 

Celebración: 15 e 16 de decembro de 2020.

Modalidade: Virtual (Zoom)

Horario: do martes 15 de decembro as 10:00 h ata o mércores 16 de decembro as 19:00 h (aproximadamente)

Duración en horas lectivas: 20 horas.

Preinscrición e matrícula(*):​

  • Data preinscrición: do 14 de outubro ao 7 de decembro de 2020.
  • Data matrícula: do 14 de outubro ao 7 de decembro de 2020.

*Inscrición previa obrigatoria.

Matrículas :

 

  1. A asistencia ao congreso para visualizar as comunicacións dos diferentes autores é GRATUITA. Pero é necesario estar inscrito no congreso para figurar como asistente. 
  2. A asistencia ao congreso como ponente conleva o pago das tasas correspondientes:
  • Xeral: 50€  para profesionais (Docentes, investigadores de dentro ou fora da UDC).
  • Reducida: 30€ para estudantes (Grao, Mestrado, Doctorado ou outros).

Datas

Data de celebración: Do 15/12/2020 ó 16/12/2020
Data de inscrición: Do 14/10/2020 ó 10/12/2020
Data de matrícula: Do 14/10/2020 ó 11/12/2020

Web oficial

http://www.congresodepsicologiaeducativaciped.com/

Importes

Tarifa General (profesionales): 50,00
Tarifa Reducida (estudiantes): 30,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

I Congreso Internacional de Psicoloxía Educativa (CIPED)

  Datos
Data: Do 15/12/2020 ó 16/12/2020
Horario: Do Martes 15 de decembro as 10:00 ata o Mércores 16 de decembro as 19:00 (aproximadamente)
Lugar: A Coruña