Inscrición
Prazo de inscrición pechado.
Información xeral
Nova edición do curso de especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica, o cal está destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer as ferramentas e criterios necesarios para comprender as novas situacións derivadas da interculturalidade e inter-relixiosidade existentes nas aulas de aprendizaxe e aplicar as estratexias educativas pertinentes.
INFORMACIÓN DO CURSO
- Datas de impartición: Do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021.
- Lugar: Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña, s/n. 15071.
- Horario: Luns e xoves pola tarde de 16:30h a 20:30h.
- Número de alumnos: Mínimo 30, máximo 50.
- Preinscrición e matrícula:
- Data de preinscrición: Do 1 de agosto ao 11 de setembro de 2020.
- Data de matrícula: Do 21 ao 25 de setembro de 2020.
REQUISITOS DE ACCESO
Poderán ser admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Ser titulado universitario.
- Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
- Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grado. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución rectoral, tras a solicitude individual e razonada da persona interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudios universitarios.
En caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán:
- Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en Educación Infantil e/ou Primaria.
- Expediente académico.
- Alumnos/as de 4º curso de Grado en Educación Infantil ou Primaria que cursaran ou estén a cursar a materia Relixión, cultura e valores.
Nota: Para obter o título da DECA na Conferencia Episcopal de Madrid, entre outros requisitos, é necesario ter cursado a materia: Relixión, cultura e valores.
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 de agosto de 2020 ao 11 de setembro de 2020 tendo en conta que o día límite deberán achegar a totalidade da documentación requerida que se detalla mais abaixo.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 800 euros, que o alumno poderá satisfacer nun único prazo, o cal aboarase do 21 ao 25 de setembro de 2020.
A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
SOLICITUDE DE BOLSA
- Existe 1 bolsa por cada 10 solicitantes (ata un máximo de 5 en total) do 50% da matrícula. Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos: Que poidan acreditar co expediente académico do título con que acceden ao posgrado unha nota media alta (en base 10) modificado polo R.D. 1267/94 e polo R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que no conteña expresamente ese dato.
- Ao cumprimentar a preinscrición, o alumno interesado en obter bolsa de axuda deberá achegar a documentación requirida para a solicitude da bolsa.
Inicialmente pagarase a matrícula completa, e posteriormente adxudicaranse as bolsas procedendo á devolución do importe da mesma aos adxudicatarios.
Documentación a achegar
Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:
- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa ao completo.
- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, firmado e que se vexa completo:
- Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico personal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo,certificación do expediente académico personal para aqueles alumnos que teñan mais de 180 créditos, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU.
- C.V.
- Documentación da bolsa, en caso de solicitala.
Documentación a achegar en caso de solicitar bolsa:
Expediente académico do título co que acceden ao postgrado cunha nota media alta (en base 10) modificado polo R.D. 1267/94 e polo R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.
Créditos
Créditos: 33
Datas
Data de celebración: Do 01/10/2020 ó 31/05/2021
Data de inscrición: Do 01/08/2020 ó 11/09/2020
Importes
Tarifa oficial: 800,00 €
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Comparte esta información