Novas

III Convocatoria Premios Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

26/08/2021

 

A Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC está impulsada polo Instituto Médico Arriaza e a Universidade da Coruña.

 

Atópase aberta a terceira edición da convocatoria do premio a mellor Tese Doutoral e o mellor TFM relacionados con avances no campo do coñecemento da Traumatoloxía do Deporte. Os premios están dotados con 5.000 euros e 1.500 euros respectivamente. 

 

Poderán presentarse todos aqueles doutores/as que defendesen a súa tese doutoral ou traballo de fin de mestrado nunha universidade galega durante o ano 2020 en diante obtendo a máxima calificación (sobresaliente cum laude) nalgunha temática relacionada directamente coa Traumatoloxía do Deporte, incluindo a reeducación funcional tras unha lesión deportiva.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro de 2021.
 

As ligazóns para inscribirse e consultar as bases das convocatorias son:

Mellor Tese
Mellor Traballo de Fin de Mestrado