Toda a información sobre Prácticas

Ofertas de Prácticas e Emprego

O Programa de Formación empresarial FUAC materializase coa realización de prácticas en empresas, institucións ou entidades, as cales quedan reguladas a través do correspondente Convenio entre a Empresa de acollida e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).

Información para estudantes e graduados

As grandes viaxes comezan cun primeiro paso. Dende a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) temos o compromiso de abrir a porta das empresas á mocidade que está desexando comezar a súa carreira profesional. Se estás buscando o xeito de comezar a túa propia aventura no mundo laboral, a FUAC pódeche axudar co primeiro impulso. Anímate a descubrir os nosos Programas de Prácticas!

 Descargar Información para estudantes e graduados

Información para empresas

Se tes unha empresa e queres contar co talento dos profesionais do futuro, a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é a túa solución. Contacta connosco e poderás contar cunha gran experiencia na xestión de recursos humanos. Máis de 14.000 prácticas subscritas dende 1997 avalan o noso compromiso para facer chegar ás empresas o talento da mocidade.

 Descargar Información para empresas