Formación

Curso de Especialización en BIM

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Formalizar matrícula 1.875,00  € 1º PAGO APLAZADO 1.000,00  € 2º PAGO APLAZADO 875,00  € MATRICULA REDUCIDA 1.625,00  €

Información xeral

Nova edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer a aplicación da metodoxogía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) a exemplos reais de edificación.

 

LISTA ADMITIDOS 2ª inscripcion

 

INFORMACIÓN

  • Data de impartición: Do 8 de outubro do 2019 ao 10 de xuño do 2020.
  • Lugar: Aula de posgrao da EU de Arquitectura Técnica (Universidade da Coruña).
  • Horario: Martes e Mércores de 16:00h a 21:00h.
  • Créditos: 30 ECTS.
  • Modalidade: Presencial.
  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación na clase. É obrigatoria a presentación de traballos esixidos por cada asignatura. Para poder superar o posgrao é necesario aprobar todas as asignaturas.
  • Número de alumnos: Mínimo 15, Máximo 24.
  • Preinscrición e matrícula:

- Primeiro prazo (xuño-xullo)

  • Preinscrición: Do 1 de xullo ao 12 de xullo do 2019.
  • Publicación de lista provisional: 15 de xullo do 2019.
  • Reclamacións: Do 15 al 18 de xullo do 2019.
  • Publicación da lista definitiva: 19 de xullo de 2019.
  • Matrícula: Do 22 de xullo ao 30 de xullo do 2019.

 

- Segundo prazo (agosto-setembro)

  • Preinscrición: Do 1 de agosto ao 6 de setembro do 2019.
  • Publicación da lista provisional: 9 de setembro do 2019.
  • Reclamacións: Do 10 ao 12 de setembro do 2019.
  • Publicación da lista definitiva: 13 de setembro do 2019.
  • Matrícula: Do 16 ao 20 de setembro do 2019.

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuir unha titulación de ciclo curto.
  2. Posuir un título de grao.
  3. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións dos ciclos.
  4. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos esté comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, despois da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar nesta competencia do informe noutro órgano.
  5. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo  a sua vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.

A valoración dos requisitos a realizará a Comisión Académica do título, en función da forma de acceso, segundo os seguintes criterios:

  •  Para os candidatos que acrediten posuir a titulación universitaria requerida, se será valorado neste orde:
  1. Expediente Académico.
  2. Currículum Vitae (experiencia profesional demostrada).
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).
  •  Para os alumnos solicitantes que teñan pendente de superar menos de 30 ECTS (incluido o traballo de fin de grao)  de calquera das titulacións requeridas,  valorarase neste orde:
  1. Expediente Académico ata o momento da solicitude de admisión ao posgrao.
  2. Número de créditos restantes para a obtención do título de grao correspondente.
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) no primeiro  prazo (do día 01/07/2019 ao 12/07/2019) e no caso de non cubrir as prazas no primeiro prazo, nun segundo prazo del día 01/08/2019 ao 06/09/2019), tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requerida y que se detalla máis abaixo.

No caso de solicitar bolsa, farase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, anexando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA

Despois do  proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.875 euros*, que o alumno poderá  satisfacer en un ou en dous prazos:

  • Pago único: Abonaranse 1.875 euros  ao formalizar a matrícula  (último día segundo corresponda o prazo: 30 de xullo do 2019 / 20 de setembro do 2019).
  • Pago aprazado: Abonaranse nun primeiro pago 1.000 euros (último día segundo corresponda o prazo de matrícula: 30 de xullo do 2019 / 20 de setembro do 2019).

Abonaranse nun segundo pago 875 euros do 13 ao 17 de xaneiro do 2020.


A ligazon de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

*Custes minorados Matrícula Reducida: 1.625€  para Colexiados, Pre-colexiados, Persoal de Administracións e Comunidade Universitaria UDC (PDI, PAS, alumnos e antigos alumnos). Deben indicar na inscrición que pertencen a algún destes colectivos e aportar a documentación xustificativa segundo sexa o colectivo. Debe pertencer ao devantivo colectivo no momento de formalizar a matrícula (se se pertence con posterioridade no terá efecto o desconto)


SOLICITUDE DE BOLSA

Existen un mínimo de 2** bolsas do 50 % do importe da matrícula abonado polo alumno, que se poderán solicitar do 25 de novembro ao 29 de novembro de 2019.

O alumno interesado na solicitude de bolsa, ademáis de indicalo na inscrición e achegar a documentación necesaria (no momento da inscrición), debe remitir nestas datas un correo electrónico solicitando a bolsa a i.varelac@fuac.udc.es

** O número de bolsas determinase en función do número real de matriculados, garantindo un 10% do alumnado  matriculado.

A adxudicación da bolsa virá dada previa solictiude expresa do alumno e a aportación incluida na baremación de méritos. O expediente académico, necesariamente debe incluir a nota media según Real Decreto 1125/2003.

Para a baremación de méritos, establecense os siguientes criterios:

  1. Expediente académico ( 60 puntos)
    • No caso de alumnos que non rematasen aplicaráse un coeficente corrector do 0.8 á nota media obtida no momento de realizar a matrícula de posgrao.
    • No caso de alumnos matriculados o coeficiente corrector é do 1.0.
    • No caso de alumnos con titulación non universitaria o coeficente corrector é do 0.6.
  2. Declaración da Renda da unidade familiar á que pertence o alumno ( 40 puntos).
    • Emplearase a renda per cápita da unidade familiar. Cálculo: resultado de dividir a renda (suma de cada un dos membros que teñan ingresos entre o número de membros computables e se compara co IPREM.

Documentación a achegar

Documentación a aportar xunto co boletín de preinscrición.

  1. DNI,  pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título o que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  3. Currículum Vitae.
  4.  Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o  posgrao e, no seu caso, os méritos que alegan para ser seleccionado.
  5. Expediente académico do Grao ou titulación equivalente. No que se inclúa a nota media según  R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non inclua expresamente este dato.

 

Documentación a aportar para a solicitud de bolsa.

- Declaración da Renda da unidade familiar do ano 2018  á que pertence o alumno.

A adxudicación da bolsa virá dada previa solicitude expresa do alumno e a aportación da documentación incluida na baremación de méritos. O expedente académico, necesariamente debe incluir a nota media.

Datas

Data de celebración: Do 08/10/2019 ó 10/06/2020
Data de inscripción: Do 01/08/2019 ó 06/09/2019
Data de matrícula: Do 23/09/2019 ó 24/09/2019
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 13/01/2020 ó 17/01/2020

Web oficial

http://posgrado.bim.udc.es/

Importes

Tarifa oficial: 1.875,00
Tarifa 1º PAGO APLAZADO: 1.000,00
Tarifa 2º PAGO APLAZADO : 875,00
Tarifa MATRICULA REDUCIDA: 1.625,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES

Comparte esta información

Curso de Especialización en BIM

  Datos
Data: Do 08/10/2019 ó 10/06/2020
Horario: Martes y Miércoles de 16:00h a 21:00h
Lugar: Aula de posgrado de la EU de Arquitectura Técnica
Matrícula: 1.875,00 €