Francés A2.1

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso está deseñado para persoas que teñen coñecementos elementais de francés que queren conseguir un nivel básico aprendendo de maneira dinámica e interactiva os contidos do nivel A2.1 de acordo co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Ao remate do curso, o alumnado será quen de comprender e producir textos breves e coherentes, orais ou escritos, sobre asuntos cotiás relativos á familia e intereses persoais. Dominará un repertorio básico de frases ou expresións de uso frecuente e será capaz de comunicarse de xeito sinxelo pero adecuado nas situaciones que requiren un intercambio de información simple e directo sobre asuntos correntes e da sua rutina: presentar(se), falar de si, comprar, descrición de aspectos da súa cultura, da súa contorna, dos seus hábitos, etc.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Créditos

Créditos: 4,5

Datas

Data de celebración: Do 21/09/2020 ó 16/12/2020
Data de inscripción: Do 03/09/2020 ó 10/09/2020
Data de matrícula: Do 10/09/2020 ó 16/09/2020

Importes

Tarifa oficial: 150,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 50,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981 16 70 00 Ext. 4751 / 5752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Francés A2.1

  Datos
Data: Do 21/09/2020 ó 16/12/2020
Horario: Martes e xoves 16:30 - 18:30 h.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 150,00 €