Formación

Dar clase como os Neurocraks

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Efecto Mozart? PNL? Neuro-oratoria? Só utilizamos o 10% do noso cerebro? ¿Neuroeducación?

Se che gustan os neuromitos non te apuntes. Este curso no é para ti!

 

Deseñado por un neurociéntifico e un experto en comunicación diagnosticado de TDAH para secuestrar a atención do alumno máis inatento, no curso mostraranse as técnicas que permiten analizar clases capaces de captar a atención e de potenciar o recordo do alumno.

 

Para cumplir os obxectivos do curso dividiuse a sesión en tres fases:

1. A primeira impresión e a comunicación non verbal. O desenvolvemento do carisma do profesor como vehículo do contido docente.

2. A transición de fase: teoría sobre as etapas dunha comunicaicón persuasiva. A secuencia comunicativa que permite lograr un impacto no ointe.

3. As técnicas que crean unha clase de alto impacto. Estudo dos recursos que máis secuestran ao noso cerebro: a neurociencia da atención e da motivación.

 

Obxectivos: 

  • Desenvolver habilidades de deseño e execución de clases que logren captar o interese dos alumnos.
  • Coñecer os grandes erros que hay que evitar á hora de deseñar e impartir unha clase interesante.
  • Saber cáles son as técnicas que nos levarán cara ao obxectivo de lograr unha clase neuroatractiva.
  • Coñecer os detonantes que logran que unha comunicación teña un impacto emocional na audiencia.

 

Dirixido a:

  • Profesores de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.
  • Profesores universitarios
  • Docentes do ámbito privado
  • Formadores de profesorado.
  • Quen desexe desenvolver a súa capacidade para realizar clases interesantes.

 

Inscrición e Matrícula:

O custo de aprender a Dar clase como os neurocraks é de  200,00€

Se vos inscribides 4 ou máis docentes xuntos podedes facelo por 150,00€ cada un (*)

Matricúlate antes do 30 de xuño por 150,00€

E se vos matriculades 4 ou mais docentes xuntos antes do 30 de xuño facédeo por 125,00€ cada un (*)

(*) Neste caso indica na inscripción, no campo "comentarios", o nome dos integrantes do grupo.

Datas

Data de celebración: Do 06/07/2018 ó 06/07/2018
Data de inscripción: Do 19/06/2018 ó 04/07/2018
Data de matrícula: Do 25/06/2018 ó 01/07/2018

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 200,00
Tarifa Matrícula grupal: 150,00
Tarifa Matricula antes de 30/06: 150,00
Tarifa Matricula grupal antes de 30/06: 125,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: slopezj@udc.es

Comparte esta información

Dar clase como os Neurocraks

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 06/07/2018 ó 06/07/2018
Horario: de 16:00 a 21:00 horas
Lugar: Facultade Ciencias da Educación da UDC
Matrícula: 200,00 €