Novas

A directora da Cátedra ALDABA WIB participa na xornada informativa aos orientadores da Universidade da Coruña

15/02/2023

Un total de 300 orientadores de centros de bacharelato e de ciclos formativos de Galicia asistirán á xornada informativa da Universidade da Coruña, que terá lugar o xoves 16 de febreiro, no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC. A reunión está organizada desde a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña en formato híbrido (presencial e virtual) e co persoal dos departamentos de bacharelato e ciclos formativos de grao superior de Galicia.

 

Nesta xuntanza ofrecerase información sobre novidades nos procedementos de ABAU e  Preinscrición, presentación do catálogo de titulacións de grao da UDC: graos consolidados, graos singulares e  graos previstos para implantarse no curso 2023/24  presentación das Campañas de Difusión e Divulgación da UDC dirixidas ao seu alumnado, unha mesa redonda sobre a fenda de xénero nos estudos TIC, onde participará a directora da Cátedra ALBADA-WIB (Women, ICT & Business)Virginia Mato Abad; a coordinadora na UDC do Programa Inspira STEAMVerónica Bolón Canedo e a directora do Campus Innova-UDCSusana Ladra González.

 

Consulta aquí o programa.