Novas

A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business inicia a súa colaboración con Captioma no proxecto Eres STEM

22/01/2021

 

Captioma é unha iniciativa educativa local que desde o año 2017 ofrece actividades para todos os públicos en ramas como a informática e competencias dixitais en xeral, a programación, a robótica, o deseño e a electrónica.

 

"Eres STEM" 2021 é un programa de becas educativas ofertadas para o fomento e desenvolvemento de vocacións nas ramas académicas científicas e tecnolóxicas entre o público feminino. A través da aprendizaxe no ámbito da ensinanza extraescolar STEM, as alumnas que cursan educación secundaria ou bacharelato teñen acceso a experiencias de aprendizaxe.

 

​A iniciativa xurde da análise das estadísticas actuais, que reflicten un sesgo de xénero moi pronunciado nas cifras de estudantes que optan por ramas STEM na educación superior e no ámbito profesional. Estas cifras atópanse tamén presentes no ámbito xeográfico e entorno no que opera a nosa organización.

 

Nunha análise preliminar, que atende a factores externos e internos, desde Captioma entenden que un programa de aprendizaxe complementario dirixido a candidatas no tramo de idade en que os alumnos e alumnas constrúen e perfilan o seu itinerario educativo poden incidir directamente no fomento de eventuais vocacións científico-tecnolóxicas na nosa contorna. Ademais, as actividades de comunicación e difusión contribuirán a fomentar valores no ámbito da igualdade, o empoderamento e a potenciación do talento feminino

 

O obxectivo principal destas bolsas é unha inicitativa educativa, nos seus inicios dirixida a alumnas de entre 14 e 17 anos no proxecto de ensinanza STEM ofertado por Captioma e en colaboración coas entidades adheridas, que impulsan o deseño dun programa de aprendizaxe específico e atractivo, que incluirá ítems directamente impartidos ou organizados en colaboración con entidades e organismos do noso sector.