Novas

VI xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio Físico e Cancro

03/11/2025

 

O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela. 

 

Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro, e ten como obxectivo profundar no papel do exercicio físico como ferramenta clave, eficaz e segura tanto para a prevención como para o tratamento do cancro. 

 

A Xornada explorará o impacto do exercicio con especial atención á oncoloxía pediátrica, a cardiotoxicidad e o cancro de mama. Prestixiosos/-as investigadores/-as compartirán investigacións, experiencias clínicas e proxectos innovadores. A maiores, celebrarase (en horario de mañá) unha mesa redonda cos testemuños de pacientes e deportistas oncolóxicos, así como profesionais do exercicio físico implicados no proceso, ofrecendo unha visión ampla sobre os desafíos afrontados, e para iso contaremos cos seguintes relatores: 

 

Alfonso Jiménez Gutierrez. Catedrático na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e Director do Centro de Investigación en Ciencias do Deporte (CIDE).

 

Presentará o relatorio I: Experiencias e beneficios do exercicio físico no cancro.

 

Carmen Fiuza Luces. Doutora en Biomedicina e Ciencias da Saúde. Investigadora titular e líder do Grupo de Investigación en Exercicio Físico e Cancro Pediátrico no Institutode Investigación Sanitaria do Hospital Universitario 12 de Outubro (i+12).

 

Presentará o relatorio II: Exercicio físico en oncoloxía pediátrica.

 

Manuel Avelino Giráldez García. Profesor Titular do Departamento de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña. Codirector da Cátedra SXD Galicia Activa e Director da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro.

 

Presentará o relatorio III: Exercicio físico e toxicidad cardiovascular.

 

Alberto Soriano Maldonado. Catedrático de Universidade na área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Almería. Conta cunha ampla traxectoria en Actividade Física e Saúde,

 

Presentará o relatorio IV: Adestramento de forza en sobreviventes de cancro de mama: o Proxecto EFICAN na cidade de Almería

 

A clausura do evento estará a cargo de Mariña Morán Moset, a directora de Coñecemento e Asuntos Médicos da Asociación Española Contra o Cancro.

 

As persoas interesadas en asistir poderán inscribrise sen custo ata o 19 de novembro de 2025 a través da seguinte ligazón [fai click aquí para inscribirche e consultar máis información].