PRESENTACIÓN



No mes de setembro de 2018 a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña, poñen en marcha a Cátedra SXD Galicia Activa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura xeral.

A Cátedra SXD Galicia Activa ten como obxecto fundamental:

1. Favorecer a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida físicamente activos entre a poboación galega.
2. Contribuir á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida físicamente activos.
3. Fomentar a investigación e transmision de coñecementos en materia de actividade física como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.
4. Asesorar na implementación, o seguimento e a avaliación das medidas do Plan Galicia Saudable (PGS) e no establecemento de prioridades de intervención.
5. Levar a cabo tarefas de investigación relacionadas coas medidas de PGS e de observación das conductas sobre actividade física e sedentarismo da poboación galega.

 

ACTUALIDADE

VI xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio Físico e Cancro

O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela. 

Ler máis

V xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: A saúde no deporte de alto nivel

O próximo 18 de outubro de 2025 e en horario de 9:00 a 14:30 horas, terá lugar a V Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "A saúde no deporte de alto nivel" no Hotel Oca Porta do Camiño en Santiago de Compostela. 

Ler máis

Expertos da UDC analizan os adestramentos de forza en adolescentes

Os profesores da Facultade de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña e codirectores da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler e Manuel Avelino Giráldez García, falan sobre os beneficios  dos adestramentos de pesas para o crecemento en mozos sempre que se fagan baixo a supervisión dun profesional da saúde e individualícense as sesións, no artigo publicado por Quincemil o 24 de setembro de 2024. Le aquí a noticia completa

Ler máis

INSCRICIÓN

Xornada "Exercicio Físico e Cancro"

Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro, e ten como obxectivo profundar no papel do exercicio físico como ferramenta clave, eficaz e segura tanto para a prevención como para o tratamento do cancro. 

A Xornada explorará o impacto do exercicio con especial atención á oncoloxía pediátrica, a cardiotoxicidad e o cancro de mama. Prestixiosos/-as investigadores/-as compartirán investigacións, experiencias clínicas e proxectos innovadores. A maiores, celebrarase (en horario de mañá) unha mesa redonda cos testemuños de pacientes e deportistas oncolóxicos, así como profesionais do exercicio físico implicados no proceso, ofrecendo unha visión ampla sobre os desafíos afrontados.

Contaremos cos seguintes relatores:

  • -Alfonso Jiménez Gutierrez. Presentará o relatorio I: Experiencias e beneficios do exercicio físico e o cancro.

  • -Carmen Fiuza Luces. Presentará o relatorio II: Exercicio físico en oncoloxía pediátrica.

  • -Manuel Avelino Giráldez García. Presentará o relatorio III: Exercicio físico e toxicidade cardiovascular. 

  • -Alberto Soriano Maldonado. Presentará o relatorio IV: Entrenamento de forza en supervivinte de cancro de mama:o Proxecto EFICAN na cidade de Almería.

A clausura do evento estará a cargo de Mariña Morán Moset, a directora de Coñecemento e Asuntos Médicos da Asociación Española Contra o Cancro.

XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado inscríbete, prazas limitadas!!! (pica aquí)

PROGRAMA DA XORNADA (consulta aquí)

RELATORES (consulta aquí)

-Dirixido a: ​estudantes de máster e doutoramento, profesores/-as universitarios/-as, profesionais do exercicio e da actividade física, federacións e clubes: adestradores/as e deportistas, Cluster e Centros deportivos, Agaxede, Colef, profesionais do ámbito sanitario e público en xeral interesado en asistir.

-Día de celebración:  sábado, 22 de novembro de 2025. 

-Lugar de celebración: Hotel NH Collection Santiago de Compostela (Av. do Burgo das Nacións, 4, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

-Horario:  de 9:45 a 13:45 e de 16:00 a 18:00h

-Modalidade: Presencial

-Inscrición: ata o 19 de novembro de 2025 ata as 13:00h (ou ata completar aforo)*

*Aforo limitado. As prazas asignaránse por orde de inscrición. 

Expediráse certificación acreditativa de asistencia.






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 22/11/2025: Xornada Exercicio físico e cancro
  • 18/10/2025: Xornada A saúde no deporte de alto nivel
  • 15/10/2025: Fin inscrición para a xornada A saúde no deporte de alto nivel
  • 22/09/2025: Inicio inscrición para a xornada A saúde no deporte de alto nivel
  • 23/11/2024: Xornada Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital




DOCUMENTACIÓN



DESCARGAR Convenio entre a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego
DESCARGAR Exercicio, actividade e condición física en tempos da Covid-19
DESCARGAR Decálogo exercicio e actividade física en tempos da Covid-19
DESCARGAR A Acción DAFIS do Plan Galicia Saudable: unha ferramenta para o rexistro da condición física relacionada coa saúde en escolares_evento 7-9 novembro 2019
DESCARGAR Póster Estudo da condición física relacionada coa saúde en escolares de Galicia a través da ferramenta DAFIS_evento 7-9 novembro 2019
DESCARGAR Programa VI xornada 'Exercicio Físico e Cancro'_22.11.25
DESCARGAR Programa V xornada "A saúde no deporte de alto nivell"_18.10.2025
DESCARGAR Programa xornada "Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital"

FINANCIAMENTO



O acordo entre a Universidade da Coruña e Fundación Deporte Galego ten unha duracion inicial de 3 anos.

 

 

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Cátedra SXD Galicia Activa
Facultade de Ciencias do Deporte e la Educación Física-UDC
Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros, A Coruña
E-mail: comunicacion@fuac.es