O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.
Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro, e ten como obxectivo profundar no papel do exercicio físico como ferramenta clave, eficaz e segura tanto para a prevención como para o tratamento do cancro.
A Xornada explorará o impacto do exercicio con especial atención á oncoloxía pediátrica, a cardiotoxicidad e o cancro de mama. Prestixiosos/-as investigadores/-as compartirán investigacións, experiencias clínicas e proxectos innovadores. A maiores, celebrarase (en horario de mañá) unha mesa redonda cos testemuños de pacientes e deportistas oncolóxicos, así como profesionais do exercicio físico implicados no proceso, ofrecendo unha visión ampla sobre os desafíos afrontados, e para iso contaremos cos seguintes relatores:
Alfonso Jiménez Gutierrez. Catedrático na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e Director do Centrode Investigación en Ciencias do Deporte (CIDE).
Presentará o relatorio I: Experiencias e beneficios do exercicio físico no cancro.
Carmen Fiuza Luces. Doutora en Biomedicina e Ciencias da Saúde. Investigadora titular e líder do Grupode Investigación en Exercicio Físico e Cancro Pediátrico no Institutode Investigación Sanitaria do Hospital Universitario 12 de Outubro (i+12).
Presentará o relatorio II: Exercicio físico en oncoloxía pediátrica.
Manuel Avelino Giráldez García. Profesor Titular do Departamento de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña. Codirector da Cátedra SXD Galicia Activa e Director da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro.
Presentará o relatorio III: Exercicio físico e toxicidad cardiovascular.
Alberto Soriano Maldonado. Catedrático de Universidade na área de Educación Física e Deportiva da Universidade de Almería. Conta cunha ampla traxectoria en Actividade Física e Saúde,
Presentará o relatorio IV: Adestramento de forza en sobreviventes de cancro de mama: o Proxecto EFICAN na cidade de Almería
A clausura do evento estará a cargo de Mariña Morán Moset, a directora de Coñecemento e Asuntos Médicos da Asociación Española Contra o Cancro.