Novas

Marzo Tecnolóxico na FIC: Xornadas Ficskills

21/03/2025

 

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) organiza este mes o Marzo Tecnolóxico, unha iniciativa que busca achegar o tecido empresarial ao estudantado dos dous últimos cursos dos Graos en Enxeñaría Informática e Ciencia e Enxeñaría de Datos, así como ao alumnado de terceiro do Grao en Intelixencia Artificial.

 
Como parte de esta iniciativa, celebrarase a primeira edición das xornadas Ficskills en colaboración coas cátedras institucionais da facultade os días 26 e 27 de marzo. Estas xornadas están orientadas a fortalecer as habilidades blandas ou "soft skills" máis demandadas polas empresas co obxectivo de complementar as competencias técnicas dos perfís dixitais. Así, na xornada do 27 de marzo, ALDABA ofrecerá o seminario Traballo en Equipo: da Universidade ao Mundo Profesional, de 16:00 a 17:30 horas.


Mais información no seguinte enlace